A lingua internacional Ido

– descrición xeral -

Sería moi útil se poidéramos falar coa xente doutros países ou manter correo con eles, o mesmo q podemos coa xente do noso propio país. Sen embargo, a barreira lingüística ás veces fai isto difícil se non imposible.

A resposta que a este problema moita xente dá é: ¡ que aprendan inglés! De certo que o inglés é a lingua máis extendida do mundo, pero require moito tempo e certa habilidade aprendelo ben, e está lonxe de ser universalmente falado.

Ainda por riba, por seren a lingua duns países determinados, non é un idioma neutral. Para os que falan inglés, «que aprendan inglés» pode ser unha resposta atractiva, pero para os franceses por exemplo, as cousas son distintas.

Polo tanto, a ONU ten cinco linguas oficiais, e a UNESCO ten oito. A Unión Europea ten un número semellante, e gasta grandes cantidades de diñeiro en traducción e interpretación. Aínda que o inglés e o francés predominan na UE, os alemáns demandan agora que o alemán sexa máis empregado.

Empregar unha soa lingua nacional proporcionaría enormes vantaxes políticas e culturais ó país ou países para os cuais a lingua elixida é a sua propia lingua. Polo tanto, esta solución é polo xeral inaceptable para os outros, ainda que a Union Postal Universal aínda emprega o francés como o seu idioma oficial.

A resposta a esta situación é empregar unha lingua neutral inventada, coma o Esperanto ou o Ido. Esta lingua non substituiría as linguas naturais (eso sería vandalismo), se non que sería empregada coma ponte entre persoas que doutro xeito non se poderían comunicar. Deste xeito podemos atoparnos co outro a medio camiño entre ambos, con pouca ou ningunha vantaxe para ningún grupo.

A lingua elixida non debería ser moi artificial, O vocabulario tería que estar basado nas linguas que xa existen (algunha das mesmas ten moitas palabras en común, a pesar das diferencias de ortografía e pronunciación). A gramática debería ser o máis sinxela posible, sen todas isas excepcións e idiomismos que desbordan ó estudiante de linguas nacionais.

Esta idea inspirou entre outros o pai Schlever, o inventor do Volapuk, e o Dr. L. Zamenhof, o inventor do Esperanto, cuia lingua permanece como a máis coñecida deste tipo ó largo dun século dende que foi creada. Tras varios anos probándoo na práctica, varias melloras foron suxeridas.

Por exemplo, Zamenhof fixo ós adxectivos en Esperanto coincidir ineludiblemente en número e caso cos substantivos ós que califican, polo que un adxectivo ten catro posibles terminacións. Non hai en realidade necesidade para ista complicación, como amosan o inglés e o húngaro, e como Zamenhof máis adiante admitíu. Así e todo, por diversas razóns ningún cambio foi feito ás reglas do Esperanto.

Foi sobre a base de melloras como isa que un grupo de científicos e lingüistas desenrolaron o Ido. O comité engadía ó lingüista danés, o profesor Otto Jespersen e o matemático e filósofo frances o profesor Loues Couturat. Eles tomaron o millor do Esperanto e do outro invento, Idion Neutral e desenrolaron unha lingua que é case con seguridade a máis sinxela do mundo, e o mesmo tempo a máis precisa.

Outra mellora foi unha que o propio Zamenhof apuntara como moi lóxica e conveniente. No Esperanto, as palabras para xente ou animais (palabras coma «actor» ou «lión») tendían a referirse ó masculino, sendo a forma femenina derivada mediante un sufixo. A alternativa que Zamenhof preferíu máis tarde, pero por desgracia non implementou, era facer palabras neutras (epicenas), e derivar tanto macho coma hembra mediante sufixos apropiados.

Ido ten tamen un pronome útil, como ten o finés, que significa el/ela, e pode ser empregado polo tanto cando é irrelevante ou innecesario ser máis especifico. Algunha xente desexaría que houbera tal pronome no español para evitar ter que dicir «el» ou «ela».

En Ido, polo tanto, pero non no Esperanto, estas e outras melloras foron adoptadas, e o resultado prefírese por case tódolos que estudiaron equitativamente estas duas linguas internacionais semiartificiais ou dialectos que polo demás teñen bastante en común ? engadida a inspiración de Schleyer e no particular de Zamenhof.

É loable do movemento esperantista que, a través do seu indubidable fervor, fixera tanto por facer ben coñecida a idea dunha lingua neutral internacional. Sen embargo, aínda que case todo o mundo oíu falar do Esperanto, e é unha lingua relativamente bastante sinxela, as suas letras acentuadas e complicacións innecesarias disuadiron a moitos que sentíanse atraídos pola idea que representa. Ido funciona onde o Esperanto erra.

Os que experimentaron con Ido saben que bo e poder concentrarte no que queres dicir e non ter que pensar o mesmo tempo como o tes que dicir.

Todo isto sobre a teoría, pero ¿como funciona na práctica? Encontros internacionais de xente que fala Ido tiveron lugar en numerosos paises e demostraron que a idea realmente funciona na práctica.

Hai moitas publicacións en ou acerca de Ido, engadindo vocabularios e gramáticas para falantes de varias linguas, desde o sueco ata o xaponés. Hai ainda unha sorprendente cantidade de poesia en Ido, engadindo unha marabillosa cómico-heroica historia en verso (La Serchado de Andreas Juste). Hai un pequeno mundo esperando a ser descuberto por calqueira que faga o pequeno esforzo requerido para entender esta destacable lingua.

Empregar o idioma é un hobby en si mesmo, por suposto, así coma unha maneira de contribuir a un millor entendemento no mundo.

Máis información:

Detalles de libros acerca de ou en Ido están disponibles en:

Librería Tialisto
Ido Book Service
Librería de la Germana Ido Societo

Tamén existe unha biblioteca de libros online:

Publikaji

Literaturo en Ido

O movemento voluntario a favor desta lingua é por suposto, internacional, e libros en Ido están dispoñibles en varias linguas nacionais. Amais das sociedades nacionais hai unha organización internacional, a Unión pola Lingua Internacional (Ido), que publica unha revista chamada «Progreso».
A Ido Societo Hispana publica cada dous meses a revista Adavane. Outra revista digna de mencionar é: Kuriero Internaciona redactada polo señor Jean Martignon Para contactar coa xente que emprega Ido, escribe a un dos seguintes representantes:

Reprezenteri di la linguo Ido

Tradukita da: Iñigo Atapuerca

Por qué Ido?

Ret-pagini pri Ido

http://ido.li

www.geocities.com/idojc/yindex.html

www.ido-france.org

www.idolinguo.de

www.publikaji.tk

www.vortari.tk

http://es.geocities.com/kanaria1973/idochinia.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/limbaido.html

http://www.europa.idolinguo.com/Rumania/

www.ezik-ido.tk

http://es.geocities.com/kanaria1973/descricaogeral.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/descrizionegenerale.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/sprogido.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idonederlanda.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/rusia.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/ido_v_skratke.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idoestonia.html

http://www.europa.idolinguo.com/Finlando/

http://es.geocities.com/kanaria1973/idofinlando.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idoukraina.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idoenlagreka.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/magyar.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/lingwaido.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/hebrea.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/indoneziana.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/lituania_ido.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/malta.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idokroata.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idoislandia.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/gramatikken.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idonorvega.html

http://ido.narod.ru

http://es.geocities.com/kanaria1973/JezykmiedzynarodowyIdo.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/idoslovenia.html

http://www.geocities.co.jp/Milkyway-Kaigan/5864/

http://idokorea.wikicities.com/wiki/%EB%8C%80%EB%AC%B8

http://es.geocities.com/kanaria1973/llenguaido.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/galicia.html

http://es.geocities.com/kanaria1973/ocitana.html

1